Datos estáticos da web antiga

Na Asociación Cultural Chuza! decidimos compartir os datos da vella web, que estivo activa desde Xullo de 2010 até Decembro do ano 2015. Aquí os tedes para descargar baixo licenza Open Data Commons Attribution License (ODC-By) v1.0.

Aínda que podedes usar estes datos ao voso antoxo, agradémosvos que nos comuniquedes o uso que faigades deles polo medio que estimedes oportuno.

O formato dos datos é CSV. Preme nas ligazóns para descargalos. Algúns dos arquivos están comprimidos em formato GZIP.

Se tes algunha dúbida sempre podes contatar connosco, no noso enderezo chuza.gl en gmail.com.